Unha pedra no zapato

By: Unha pedra no zapato
  • Summary

  • Unha pedra no zapato é algo incómodo que te obriga a parar e observar o interior do calzado para baleiralo. Pois do mesmo xeito, vou tratar temas que son as miñas “pedras no zapato” e expoñelos convidándovos á reflexión, á pausa e a viaxar cara o interior. Son Rosalía, artista e auto-indagadora, e este será un punto de encontro no que abrazarnos xenuinamente humanas e imperfectas. Conectemos aquí e agora en galego!
    Unha pedra no zapato
    Show more Show less
activate_Holiday_promo_in_buybox_DT_T2
Episodes
  • Obra de Musas
    Dec 20 2023

    Cambiar é algo común aos seres vivos: a serpe muda de pel, os cans mudan de pelo, a larva muda o casulo polas ás de bolboreta, as árbores mudan as follas, ... En realidade o ser humano é o único que se resiste á continua metamorfose que require a Vida. As mudanzas alíñannos con novas etapas que son necesarias para a nosa evolución. Podemos cambiar de nome, lugar, destino, oficio, vestimenta, opinión, gusto, costumes, aparencia física, comportamento ou moral. Na miña experiencia, toda mudanza vén antecedida por unha ruptura: algo quebra e dos seus anacos xorde aquilo que chamamos cambio. Esa rotura pode ser consciente ou inconsciente, pero en calquera caso provoca un movemento que nos despraza de lugar emocional, psicolóxico ou físico.

    Cando algo se fractura, que podemos facer con eses cachiños que quedan?

    Show more Show less
    5 mins
  • Chorona
    Nov 14 2023

    Algunha vez vos dixeron iso de: « Non chores que te pos fea. » ? Supoño que é unha estratexia moi recorrente entre proxenitoras para conseguir que as súas pequerrechas deixen o tan molesto choro, pero en realidade ese comentario está sentando as bases para xulgarnos e avergoñarnos do noso propio pranto.

    Chorona: que chora moito e facilmente. Dende que era cativa fustrigáronme innumerables veces chamándome así. Porén, para min chorar é un balsámico ritual de limpeza. Cada unha das bágoas vai lavando o meu interior até deixarme exhausta, pero saneada e en calma para volver a afrontar o mundo.

    Show more Show less
    5 mins
  • De-presión
    Oct 11 2023
    Hai unha frondosa foresta de presión ao noso redor que fai que o espazo dispoñible para ser libremente se reduza a unha minúscula leira interna cercada por un valado de ditames sociais. Construímos en base a eses mandatos externos pensando que será por e para o noso ben, pero cando os ladrillos se desfán nas nosas mans e vemos que todo é unha invención perpetuada e asentada no medo á incerteza e aos riscos e renuncias que implica ser xenuinamente; quedamos desorientadas sen referencias nin indicacións e doídas polo engano da expectativa de garantías. E aí é cando nos deprimimos: cando a realidade que percibimos non se corresponde co que supostamente tería que derivar do noso sacrificio por atinxir os modelos inventados que nos foron legados e que replicamos e aplicamos nunha total complicidade ignorante. Na miña opinión, todas as persoas vivimos alomenos un episodio de depresión na vida. A diferenza estriba en que algunhas non son nin queren ser conscientes e outras si que son conscientes e falan abertamente do tema.
    Show more Show less
    8 mins

What listeners say about Unha pedra no zapato

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.