• O mestre toxo

  • May 10 2023
  • Length: 8 mins
  • Podcast

  • Summary

  • A pesar das súas recias e punzantes espiñas, xa amamos o toxo como parte do noso acervo paisaxístico e cultural. En Galicia existen tres tipos de toxo: toxo brañego (Ulex minor); toxo gateño tamén chamado toxo femia ou toxo molar (Ulex galli); e o toxo arnal asemade denominado toxo macho, toxo albar, toxo bravo ou toxo branco (Ulex europeaus) que é o que acada a maior altura e a maior presenza nos nosos montes.

    A súa flor leva o nome de 'chorima' e como é unha das miñas palabras preferidas en galego, aproveito para compartírvola xa que este mes celebramos o Día das Letras Galegas. Existen variantes dialectais deste nome en galego como son: chorida, charuma, cherumia, chirumia, chousima, churida, churuma, chusmigo ou xorima.

    O toxo ensínanos moito coas súas flores e espiñas.

    Show more Show less
activate_Holiday_promo_in_buybox_DT_T2

What listeners say about O mestre toxo

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.